DÍA 7_ODS 4_EDUCACIÓN DE CALIDADE

 


O ODS 4 é GARANTIZAR UNHA EDUCACIÓN INCLUSIVA, EQUITATIVA E DE CALIDADE E PROMOVER OPORTUNIDADES DE APRENDIZAXE DURANTE TODA A VIDA PARA TODOS. 
Un compoñente principal na adquisición dos coñecementos e perfiles valiosos é o ambiente de aprendizaxe. Necesidade urxente de construír máis facilidades de educación e actualizar as existentes para promover ambientes de aprendizaxe seguros, inclusivos e efectivos para todos. 
A educación vese como unha forza para o desenvolvemento sustentable e a paz. Os nenos que logran certas capacidades como ler, escribir ou contar son máis propensos a ter mellor futuro que aqueles que non o tiveron. A educación é a clave para a prosperidade e abrir o mundo de novas oportunidades. O mundo está cambiando e a globalización require que a población mundial se adapte rapidamente e aprenda a traballar coas novas tecnoloxías. A educación axuda a desenvolver a intelixencia e a capacidade intelectual en humanos e aumenta a probabilidade de romper o ciclo da pobreza.

Os 21 alumnODS de primeiro de primaria traballan continuamente sobre conceptos de alfabetización. Somos galegos e temos incluso unha lingua propia e temos que aprender a valorala. Aproveitando o día das letras galegas buscaron unha palabra por letra do abecedario para homenaxeala. Este foi o resultado:



Aproveitamos o día do libro para ir á biblioteca, que este ano ten un protocolo específico COVID 19, para facer o carné e coller o noso primeiro libro de préstamo. Foi o primeiro libro de moitos outros...















Na biblio tamén podemos consultar información en formato dixital:


Para homenaxear a nais, pais, avoas, avós... escribimos cartas con códigos QR:






Debuxamos a XELA ARIAS unha poeta ilustrada. Un exemplo do BO SABER: