DÍA 5_ODS 2_ FAME 0

  


FAME 0 é o segundo dos 17 ODS das Nacións Unidas co apoio de tódalas organizacións da ONU. Tódolos días máis de 800 millóns de persoas loitan por obter alimentos. A misión é reducir esa cifra a CERO.
Os ODS buscan rematar con tódalas formas de fame e desnutrición para 2030 e velar como acceso de tódalas persoas, en especial @s nen@s, a unha alimentación suficiente e nutritiva durante todo o ano. Esta tarefa implica promover práctivas agrícolas sustentables a través do apoio aos pequenos agricultores e o acceso igualitario á terra, a tecnoloxía e aos mercados. Ademais precísase o fomento da cooperación internacional para asegurar a inversión na infraestructura e a tecnoloxía necesaria para mellorar a produción agrícola.
Os esforzos teñen que estar orientados ao empoderamento da muller e a dar prioridade á agricultura familiar. Os sistemas teñen que ser sustentables e resilientes. O reto de FAME 0 significa:

- Cero retraso no crecemento en nen@s menores de 2 anos.
- Que o 100% das persoas teñan acceso a unha alimentación axeitada, durante todo o ano.
- Que tódolos sistemas alimentarios sexan sustentables.
- Aumentar un 100% a productividade e os ingresos dos pequenos produtores.
- Cero desperdicio de alimentos.

DURANTE DÚAS SEMANAS REPARTIUSE FROITA NO COLE PARA TÓDOLOS NEN@S. OS alumnODS DE PRIMEIRO PARTICIPARON NOS PREPARATIVOS E NA RECICLAXE DOS RESIDUOS. UTILIZÁMOLOS NA HORTA PARA FACER COMPOST, MACETAS... OS ALIMENTOS TROUXÉRONOS DE PRODUTORES DE CERCANÍA.