DÍA 4_ODS 1_FIN DA POBREZA



Hoxe comezamos a traballar en profundidade o primeiro ODS_FIN DA POBREZA. Trátase de "rematar coa pobreza en tódalas súas formas, en tódalas partes". O compromiso é "non deixar a ninguén atrás".  Teríanse que cubrir as necesidades humanas máis básicas, como a falta de alimentos, auga potable e saneamento. Tamén ten que ver coas novas amenazas causadas polo cambios climático e os conflitos. Está dirixido ás persoas pero tamén aos recursos humanos básicos, servizos e comunidades vulnerables. O 10% da población mundial vive na pobreza e loita por satisfacer necesidades básicas como a saúde, educación e o acceso a auga e saneamento. Comezamos con este obxectivo pero está directamente relacionado con outros moitos. 
A pandemia da COVID 19 está retrasando todavía máis o obxectivo.

RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA NEN@S SAHARAUIS:



PENSAMOS QUE RECOLLER ALIMENTOS NON SERÍA A ÚNICA MANEIRA DE AXUDALOS PORQUE NECESITAN SER AUTOSUFICIENTES. Por eso decidimos plantar as sementes de xirasol como unha forma de dotar de recursos naturais a un lugar para que podan explotalo. Unha vez que salga a flor dará pipas que valerán de novas sementes e que poderán dar lugar ao aceite de xirasol. Cada alumn@ levou a casa unha planta que coidará e que poderá dar lugar a novas plantas... Novos recursos...