DÍA 1_PLANTAMOS SEMENTES ODS

 - QUE SABEMOS SOBRE TRANSFORMAR O MUNDO COAS ODS?

Os 21 alumnODS contestan á pregunta. Lembran que en Nadal fixemos un vídeo no que cada curso representaba unha cor do arco da vella e que de cada cor había uns carteis que pedían cousas boas para a Terra. Os de primeiro representabamos a cor vermella e na nosa cor había algún ODS. Sen darnos conta fai uns meses xa comezamos a nosa tarefa de Mellorar o Mundo. Aproveitamos este día para plantar sementes de xirasol ou SEMENTES ODS que será o símbolo do noso compromiso de transformación. Todas estas actividades fixémolas ao aire libre aproveitando a luz do sol e aforrando enerxía. Comezamos a saír a ler a nosa BIBLIOhorta. O primeiro día atopamos un caracol chamado Col e agora acompáñanos tamén na nosa viaxe.








VÍDEO CON TÓDOLOS ODS:


OS NOSOS OBXECTIVOS NUN PRINCIPIO FORON OS DE COR VERMELLA:



AGORA QUEREMOS TRABALLAR CON TODOS E CONSEGUIR UN ARCO DA VELLA ONDE ESCINTILEN TODAS AS CORES COMO OBXECTIVOS CUMPRIDOS:


PLANTAMOS AS SEMENTES DE XIRASOL EN RECIPIENTES DE PET RECICLADO
e COIDARÉMOLAS DURANTE 21 DÍAS E MÁIS ALÓ:








AS NOSAS SEMENTES ODS:



BIBLIOHORTA ODS
UNHA MANEIRA DE LER AFORRANDO ENERXÍA ELÉCTRICA:


CARACOL COL: