DÍA 14_ODS 11_CIDADES E COMUNIDADES SUSTENTABLES

 


O ODS 11 consiste en LOGRAR QUE AS CIDADES E OS ASENTAMENTOS HUMANOS SEXAN INCLUSIVOS, SEGUROS, RESILIENTES E SUSTENTABLES.

 Os alumnODS quixeron desexar un tipo de construción que reúna as características citadas con anterioridade. Esta construción pensan que ten que ser móbil grazas a un sistema eólico, está feita con materiais de refugallo, recolle auga pluvial, leva un remolque cunha horta portátil...
Para inspirarse traballaron sobre o arquitecto nado en Cee Domingo Antonio de Andrade ao que este ano e o anterior adicáronlle as LETRAS GALEGAS.