INTRODUCIÓN

Ola mundo:

Os 21 alumn@s de PRIMEIRO de EDUCACIÓN PRIMARIA do CPR Plurilingüe Manuela Rial Mouzo comprometémonos a coidarte.

21 días precisamos para agasallarte como mereces.

Vivimos no S.XXI do ano 2021, as cifras están da nosa parte.

Imos a empregar as nosas 3M para conseguilo.

TÍTULO DO PROXECTO:

3M_Manuela Mellorando o Mundo

RESUMO DO PROXECTO:

Os 21 alumn@s de primeiro de primaria do Manuela queremos contribuír a Mellorar o Mundo dende o noso cole. Queremos comprometernos a facer máis levadeira a vida no noso planeta, por eso inventamos as 3M de coidado do medio ambiente. Manuela Mellorando o Mundo é o proxecto que intentaremos levar a cabo en 21 días. Imos a convertirnos en alumnODS do Manuela que pretenden Mellorar dende un pequeno_gran rincón do Mundo.

Queremos acabar coa basuraleza, coa pobreza e as desigualdades entre persoas, asegurar condiciones de paz para todos e crear un camiño de condutas de Desarrollo Sostible no cole e fóra del.

Imos a facer contas…

21 días para dar 21 pasos importantes para a humanidade.

4 días para PLANTAR, REGAR e MEDRAR + 17 ODS que COIDAR

Adicarémoslle 21 minutos ao día que é a cantidade de tempo que se presta atención 100%.

21 é a suma dos puntos das caras dun dado que simboliza sorte no azar, aínda que intentaremos non deixar ningún fío solto.

21 é o número de letras do alfabeto romano orixinal e universal que precisamos para chamar as cousas polo seu nome.

21 órganos ten o corpo humano e todos son necesarios para a vida.

21 é o concerto de Mozart para piano e orquestra máis célebre e universal proba de serenidade, paz e benestar.